Foto: Patri Rivas
Malos resultados para o balonmán local, nunha fin de semana na que tanto o equipo de División de honra prata feminina, a SAR Rodavigo como os rapaces da primeira autonómica deixaban na pista os untos en xogo.
Asmubal Meaño 34- 32 Sar Rodavigo
Esta vez non puido ser e, malia ser un partido moi igualado con constantes empates que deixaban un 17-17 no marcador ao remate da primeira parte, as de Verónica Posada caeron no encontro disputado no campo do Asmubal Meaño. Tralo paso por vestiarios as locais defenderon mellor e estiveron mellor organizadas nas diferentes fases do xogo, logrando poñerse por diante con vantaxe dun cantos goles e afrontar os últimos minutos con tranquilidade.
O partido remataría cun 34-32 no marcador, derrota que deixa ás de Redondela na oitava praza da categoría. Na vindeira fin de semana reciben na bomboneira as terceiras do grupo, o Valladolid.
Primeira autonómica
BM San José Obrero Lanzarote 41 – 26 SAR Plastic Omnium
Tampouco houbo sorte para o equipo masculino. A Sar caía en terras canarias ante o Lanzarote por 41-26. Unha derrota que afunde a este equipo, pechacancelas do grupo. O vindeiro domingo ás doce do mediodía reciben na Bomboneira ao Reconquista de Vigo.