Resultados inesperados na Terceira división do Fútbol Sala, cunha derrota para o Pazos que, logo de varios partidos que se sumaban por vitorias, caía esta fin de semana na súa visita ao campo do Padrón. Pola contra, o Redondela Maramar lograba unha meritoria vitoria ante un dos equipos fortes do grupo, o Noia. Vitoria tamén para o Campito na Preferente Galicia por 6-3 ante o Beade.
Stellae Padrón 7-3 Pazos FS
Un resultado que non amosa o igualado do partido disputado polo Pazos en Padrón. Os dous equipos, explican dende a Sociedade Deportiva Pazos, buscaron a victoria de principio a fin, con alternancia no marcador ao longo do partido. Sería nos últimos minutos cando os de Pazos arriscaron o que levou o resultado a un abultado 7-3.
Na vindeira fin de semana haberá choque no cumio, o Pazos dende a segudna posición da categoría recibe ao líder e gran favorito ao ascenso, a SD Xove .
Redondela Maramar 5-1 Noia
Pola contra, o Maramar, equipo que levaba varios partidos sen coñecer a vitoria, lograba imporse nun encontro difícil, xa que o seu rival era o terceiro da categoría, o Noia. Vitoria por 5-1 que da ánimos ao equipo de Redondela para a próxima cita no campo do Praia de Barreiros.
Preferente Galicia
Campito 6- 3 Beade
Unha vitoria ante o Beade que lle permite aos de Chapela tomar folgos e situarse nunha máis tranquila decimosegunda posición. A vindeira cita será no campo duns rivais directos, A Quinta de Tui, un posto por baixo do Campito.