Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preocupación na contorna de Arcade polo fume que sae da nave de Pontesa

fume pontesa

Oito días despois do incendio que calcinaba a antiga nave de Pontesa en Ponte Sampaio, o fume segue saíndo do seu interior e hai un retén permanentemente no lugar para arrefriar a zona e evitar que as lapas se reactiven. Así o explica o concelleiro de interior e responsable de protección civil de Soutomaior, Carlos Bas, quen lamenta a falta de información por parte do Concello veciño.

A nave ardía o domingo levándose por diante a vida dun dos operarios do grupo Nogar, concelleiro de Marín. Oito días despois a preocupación continúa na zona porque o fume segue saíndo. Malia que dende protección civil entenden que esta situación vaise prolongar no tempo e que non debería supor ningún risco para a poboación “en caso contrario xa estaríamos en alerta”.

Carlos Bas lamenta que a información que teñen sexa “menos da que lles gustaría”, pero confirma que na zona hai un retén da empresa que ten alugada as instalacións as 24 horas do día, que está a traballar xunto cos bombeiros de Pontevedra. Encárganse de controlar que a combustión non se incremente “cando iso pasa bótanlle auga para tentar arrefriar e que o lume non se reactive”. Agardan que a chuvias destes días lles axuden a mellorar a situación da zona.

Malia non estar esta nave na demarcación de Soutomaior, os efectivos de Protección Civil foron os primeiros en chegar a zona por unha cuestión de proximidade e porque son grandes coñecedores tanto da zona como da propia estrutura da nave.

Un servizo de protección civil que nas últimas xornadas tivo que face fronte a varios incidentes. Hoxe mesmo colaboraron na retirada dunha árbore na zona de Aranza que caeu sobre o tendido eléctrico así como nun accidentes na estrada de Soutomaior. Onte tamén foi precisa a súa intervención na extinción dun vehículo que sufriu un incendio na Avda Alfonso Rodríguez Castelao de Arcade, a pé da N 550.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará