Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As armadanzas chegan ao Multiúsos

asarmadanzas

Un espectáculo familiar enmarcado no programa FalaRedes no que a cantante de Leilía, Montse Rivera, ofrécenos un espectáculo no que pon a bailar ao público familiar. A proposta emprega como fío condutor un diálogo entre un mozo e unha moza nun tempo pasado, onde a conversa en lingua galega, e por extensión a música e o baile, servían como base das relacións humanas. Poderase ver o venres 18 ás 18:30 no Multiúsos da Xunqueira.

A lingua galega ten unha grande importancia no espectáculo, xa que se fai fincapé no seu emprego natural nas relacións entre as persoas e apréndeselle ao público un pequeno repertorio de cantigas.

O argumentos xira en torno a Matilde, unha moza do Courel e Xan un mozo do Condado, eles serán o fío que nos leve por este obradoiro de baile, baseado na tradición pero actualizado e teatralizado. Os asistentes van divertirse bailando e cantando en galego pezas do repertorio tradicional da nosa terra. Os temas que forman parte desta proposta  son todos eles recollidos de persoas maiores polas aldeas de Galicia, eran as cantigas, os bailes e xogos que lles aprenderan os seus maiores e cos que se divertían facendo máis levadeira a súa vida cotiá.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará