O CD Choco segue sen saber o que é gañar fora de Santa Mariña. Os redondeláns visitaban Calabagueiros para medirse ao Barco que xogou parte do encontro con tan só dez xogadores por expulsión de Barbeito por dobre amarela.
Barco 1-0 CD Choco
Os locais viron a expulsión do xogador rival cando o electrónico aínda apuntaba a un empate e con media hora de partido por diante. Con todo, o Choco non foi capar de adiantar aos locais que marcaron o gol da vitoria no minuto 71.
Os puntos quedaron na casa do Barco, Unha derrota que deixa aos de Juan Amoedo nunha complicada penúltima posición con tan só 7 puntos. Na vindeira semana xogan na casa e reciben a outro equipo en postos de descenso, o Paiosaco, pechacancelas do grupo.
Primeira Galicia
Atlético Matamá 0-0 Arcade
Reparto de puntos nun partido complicado para o Arcade xa que xogaba no campo do líder, o Atlético Matamá. Nunha cómoda sexta praza, o Arcade recibe na vindeira xornada ao Guardés, pechacancelas do grupo.
Segunda autonómica
Zacande 5-0 Cesantes
Avultada derrota do Cesantes no campo do Zacande. Na vindeira semana xogan contra un rival directo, reciben ao Campañó.
Catoira 1- 3 Soutomaior
Os de Soutomaior seguen sumando puntos, neste caso cunha vitoria no campo do Catoira. Dende a terceira posición reciben na vindeira semana ao Romay.