Estado no que quedou o coche siniestrado na Pantalla
O turismo bateu contra outros cinco. Seis persoas resultaron feridas leves e precisaron ser trasladadas ao hospital. O condutor kamikaze, de 33 anos, deu positivo nos tests de droga e alcohol e na mañá de hoxe pasou a disposición xudicial nos xulgados de Redondela. tamén outro condutor bébedo provocaba un accidente na Pantalla na madrugada do domingo.
O accidenteda AP-9 tivo lugar ás 6:30 horas de onte domingo á altura do barrio de Igrexa en Chapela. O condutor incorporouse á autoestrada na saída de Vigo e circulou polo carril contrario ata Chapela. Bateu contra cinco vehículos, a pouca velocidade, porque había moita néboa nese momento. Con todo, hai seis persoas feridas leves, que foron trasladadas ao hospital Álvaro Cunqueiro.
O condutor, que ten 33 anos e deu positivo en drogas e alcol, foi trasladado ás dependencias policiais de Pontevedra e permanece á espera de pasar a disposición xudicial. Está acusado de nove delitos, entre eles os de lesións, imprudencia grave e contra a seguridade viaria por condución temeraria e baixo os efectos do alcol e das drogas. Tamén será investigado polos danos.
A Garda Civil precisou inhabilitar dous carrís nun tramo de 200 metros pero non chegou a cortar o tráfico, que era escaso no momento do accidente. Foi reaberto ao redor das 9:40 horas.
O accidente deste domingo supón o terceiro caso en Galicia en oito días dun condutor kamikaze. O domingo pasado, un home circulou 5 quilómetros en sentido contrario ata que bateu co coche no que ía un matrimonio que resultou ferido grave. O condutor morreu días despois. Este sábado no Porriño outro kamikaze foi detido antes de provocar un accidente.
Accidente na Pantalla
Tamén na madrugada de onte axentes da policía local interviron nunha saída de vía, afortunadamente neste caso sen feridos na estrada N550, na zona da Pantalla en Cesantes. A patrulla da Policía Local, que foi a primeira en chegar ao lugar do accidente, realizoulle as pertinente probas de alcohol deixando un resultado positivos de 0,60 e 0,52 mg/l. O home, veciño de Soutoxuste, quedou durmido ao volante saíndose da vía.
Posteriormente, personaríase no lugar unha patrulla da Garda Civil de Tráfico quen se faría cargo do mesmo, ao tratarse dun treito da súa competencia.