Unha actividade que remataba na xornada de onte e que segundo a propia asociación tivo un grande éxito, especialmente entre o colectivo de mulleres, no que nove de cada dez participantes lograron acceder a un posto de traballo.
A aposta pola mellora da empregabilidade dos colectivos cos que ven traballando a entidade está a demostrar ser de gran utilidade xa que os obxectivos de empregados e empregadores conflúen para acadar este excelente resultado.
Os colectivos con menor cualificación, especialmente menores de 30 de baixa cualificación e vítimas de violencia de xénero son os que presentan máis atrancos a hora de lograr emprego cun 65% de inserción.
Ao longo deste programa realizáronse máis de 400 accións individuais de asesoramento e acompañamento ás persoas usuarias do programa, máis de 190 horas de formación transversal para o emprego, máis de 600 horas de formación do catálogo de especialidades formativas do Servizo público de Emprego (SEPE), practicas, couching, encontros para o emprendemento que deron como resultado oportunidades de contratación a máis de 85 persoas usuarias dos cales 79 cumpren os criterios de inserción establecidos pola orde que regula os programas de emprego.
O contacto directo co sector empresarial foi un factor clave, realizando visitas titurizadas aos centros de traballo. Unha destas visitas formativa foi a nova planta de ORPAGU, na que as persoas usuarias puideron ver de primeira man a posta en marcha dun almacén 4.0