O Black Friday comeza mañá, venres 25 de novembro, de forma oficial. Esta data comercial ten a intención de estimular o consumo e xerar urxencia no consumidor. Isto pode ser unha fórmula efectiva para as grandes empresas, pero o pequeno comercio afronta unha perspectiva máis pesimista. As rebaixas cada vez se alongan máis no tempo e estamos vendo como se duplican as datas para os descontos, algo que non deixa moita marxe de ganancia ás tendas locais que ademais de carrexar unha crise de prezos tamén teñen que competir cos xigantes da industria.
Moitas tendas de Redondela víronse obrigadas a alongar o Black Friday toda a semana e xa contan con descontos dende o luns. Africa, traballadora na tenda de roupa Mar Salada, conta que esta data xa perdeu a súa esencia, converténdose incluso no Novembro negro e chegando a durar un mes.
Andrea ten unha tenda de roupa para cativos e cativas chamada Limonada, explica a importancia de apoiar o comercio local, pois para ela “sen non existiran tendas na vila para Redondela estaría morta”.
Non só os donos e dependentes das tendas vense afectados polas continuas rebaixas, os clientes redondelás tamén están tomando conciencia do que significa para o pequeno comercio traballar sen apenas marxe de ganancia.
As previsións apuntan a que 1 de cada 4 consumidores adiantarán as compras do Nadal aproveitando os descontos que oscilan entre o 20% e o 40%. Moita xente da Vila xa comezou a procura de agasallos, consecuencia das dificultades económicas derivadas da inflación.
En Redondela xa se pode acceder os descontos, pero todo apunta a que o día forte vai a ser o venres. Tendas como Agua de Maio, prefiren facer descontos de forma puntual para manter a exclusividade e poder ofrecer o cliente habitual unha oferta interesante.
Vitoria, de Donna Bella, conta que aínda que este ano “esperan que baixe un pouco o ritmo de venta, pero teñen esperanza de que o Black Friday sirva para motivar o cliente.
Mari , de Os Trapiños de Lola explica que tamén van centrar os descontos no día oficial. Consideran que “con un día é suficiente, porque o comercio pequeno non pode permitirse alongalo máis”.
Aínda que moita xente do municipio considera o Black Friday unha “americanada”, algo importado que calcifican de moda. É innegable que o fenómeno dos descontos está en expansión. Chama a atención como, o tamén chamado venres negro , chegou ata algunha farmacia redondelá. Andrea, explica que as farmacias teñen prohibido rebaixar os medicamentos, pero sí poden facer descontos na parte de cosmética e parafarmacia.
Pese a todo, o Black Friday é unha cita interesante para o consumidor. O venres 25 de novembro as tendas de Redondela contarán con descontos especiais de cara as compras navideñas, destacando o sector da moda e os electrodomésticos.