Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Magosto, música e showcooking en Soutomaior

soutomaior

“Saborea o outono” é a proposta que nos deixa o  Concello de Soutomaior para esta fin de semana. Será o sábado na Alameda de Talo Río con actividades para todos os públicos dende as doce do mediodía e ata a noite, nun espazo no que se poderán ademais comprar produtos de horta de proximidade e viño da zona así como mel e queixo.

As actividades arrancarán ás doce coa apertura dos stands e unha cata comentada dos viños do concello.  Ás dúas da tarde haberá un aperitivo musical  co grupo tradicional “Armámola boa” e xa pola tarde poderase asistir a unha master class orientada ao público infantil na ue aprenderá a elaborar pizzas con sabor a outono.

As seis arrancará o espectáculo musical Marifaltri e os asistentes poderán gozar dunha chocolatada de balde. Unha hora despois celebrarase unha showcooking de porco celta co cociñeiro Cristian Ramos. O peche do día será cun magosto e reparto de castañas de balde a partir das 20:00 horas e o espectáculo musical con Ultrafónicos band.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará