Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saída micolóxica por Monte Penide guiada polo recoñecido experto Jaime Blanco

setas

Unha actividade organizada polo Concello de Redondela que se vai realizar o vindeiro domingo ás 10:00 horas con saída dende a Mámoa do Rei en Monte Penide. Unha proposta orientada a público familiar que pode ir acompañado polas súas mascotas para participar dunha proposta que busca ser un primeiro achegamento ao mundo dos cogomelos.

O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez explica que se trata dunha iniciativa que busca poñer en marcha unha actividade que nunca se realizara en Redondela pero que espertou moitísimo interese entre a veciñanza “nada máis publicar o anuncio na rede xa houbo xente que chamou para informarse”. Explica o edil que se trata dunha actividades de balde, que non precisa de inscrición e na que para participar tan só hai que achegarse o vindeiro domingo ás dez da mañá ao punto de encontro que será a Mámoa do rei. Dende alí farase un percorrido polo monte guiados por Jaime Blanco, presidente da asociación micolóxica Brincabois quen se encargará de achegar aos participantes unha nocións básicas para coñecer o mundo das setas.

Alberto Álvarez, edil Medio Ambiente

O obxectivo do concello é ampliar a actividade de cara ao futuro “promovendo unha fin de semana de degustación ou outras propostas vencelladas cos cogomelos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará