Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paxaretas organiza o obradoiro “Os  Trastornos da Conduta Alimentaria desde unha Perspectiva de Xénero”

paxaretas

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado 26 ás 12:00 un obradoiro no que se falará dos Trastorno da Conduta Alimentaria (TAC), enfermidades graves que se relacionan cunha conduta alterada respecto dos hábitos alimentarios, o que se traduce en comportamentos que van desde comer de maneira descontrolada até a falta de inxesta de comida.

Uns trastornos que, tal e como explica dende a Asemblea Feminista Paxaretas, “son unha consecuencia máis das violencias que recibimos as mulleres sobre os corpos baixo os mandatos patriarcais de beleza física e perfeccionismo cos que xa medramos desde nenas”. De feito, das persoas que os padecen, 9 de cada 10 son mulleres, polo que entenden preciso abordar este tema desde unha perspectiva de xénero para afondar nas súas causas e posibles solucións.

O obradoiro está destinado á todas as persoas interesadas e a entrada é de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará