Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Conservatorio celebra o concerto de Santa Icía no Multiúsos da Xunqueira

conservatorio

O acto, que se celebra este martes ás 20:00 horas, contará coa actuación musical das diferentes especialidades do centro así como algunhas das súas principais agrupacións de clarinetes, saxofóns, piano ou trompetas. Nesta ocasión, participará tamén na celebración da patroa dos músicos a  Orquestra de Saxos do Conservatorio de Redondela, formación que interpretará a “Sinfonía dos Xoguetes” de Haynd contando coa participación para a interpretación da mesma con pais e nais do alumnado do centro.

O acto está integrado no conxunto de actividades que desenvolve o Conservatorio Profesional de Música de Redondela como Escola Asociada á UNESCO desde 2018.

Desde o centro educativo agradecen a participación e implicación dos pais e nais neste proxecto, convidando a cidadanía a participar neste concerto con estrada gratuíta até completar o aforamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará