Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER anuncia que se presentará ás eleccións

candidatos

As catro formacións que están presentes na corporación redondelá volverán concorren aos próximos comicios, unha vez que a AER confirmou a súa intención de volver presentarse. A persoa que encabece esta Agrupación de Electores, aínda por decidir, competirá pola alcaldía co popular Javier Bas, a socialista e actual alcaldesa, Digna Rivas e o nacionalista Xoán Carlos González.

A Agrupación de Electores de Redondela vén de anunciar que se presentará as vindeiras eleccións municipais de maio do 2023. O primeiro paso será reunir as 500 sinaturas de veciñas e veciños de Redondela con dereito a voto que deberán presentar segundo a lexislación actual. En paralelo, AER abre xa un proceso de consulta á veciñanza para que se sumen ao seu proxecto e que formen parte da súa candidatura. O seu obxectivo é renovar a súa candidatura “A nosa filosofía é incluír novas caras, homes e mulleres que estean de acordo co noso ideario e forma de facer”, explican desde AER.

Esta é a cuarta vez que AER se presenta a estes comicios, sendo a única agrupación de electores en toda España que o fai, cuns resultados que foron variando dende o 2011, cando obtiveran un concelleiro e 832 votos, en 2015, catro concelleiros e 2.837 votos e no 2019, tres concelleiros e 2.164 votos, unha situación de forza que lles permitiu entrar a forma parte dun goberno de coalición co PSOE que rachaba hai algo máis dun ano.

En canto á lista coa que se presentan, a Agrupación explica que “ao ser unha organización asamblearia, aínda temos que votar internamente para decidir as posicións da candidatura”. De feito, continúan, “en AER non hai sitios preasignados, non o sabemos nin nós mesmos e pode darse o caso de que alguén que entre a formar parte da Agrupación agora, resulte o número 1 da nosa lista”

En todo caso, a persoa que encabece dita candidatura coñece xa cales van ser os candidatos de PP, PSOE e BNG, formacións que volven presentar como cabeza de lista os mesmos nomes que para as eleccións de 2019: Javier Bas (PP), Digna Rivas (PSOE) e Xoán Carlos González (BNG).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará