Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O traballo coa canteira premia a SAR con 7 xogadoras convocadas pola  Selección Galega

selección

A selección galega convoca este ano 7 xogadoras base do club redondelá SAR nas categorías infantil, cadete e xuvenil que xogarán esta fin de semana no I Torneo Internacional de Balonmán Deputación da Coruña, do 9 ao 11 de decembro en Santiago de Compostela.

Isto supón todo un logro para o club, pois esta é a primeira vez que son tantas xogadoras da SAR convocadas na selección autonómica. Segundo a delegada do equipo xuvenil feminino, Nerea Bouzón, este recoñecemento amosa a calidade e o esforzo da canteira redondelá que mellora cada ano.

Hoxe tivo lugar o acto de presentación do evento, no que participarán 20 equipos e máis de 450 deportistas da selección asturiana, galega e portuguesa. O principal obxectivo deste torneo é servir como preparación de cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais. Para Bouzón os dous anos de parón pola pandemia xera un factor sorpresa en canto o nivel dos equipos.

Do 3 ao 8 de xaneiro comeza o Campionato de España de Seleccións Autonómicas 2023 que se celebra en Benidorm e no que tamén estarán presentes as xogadoras de Redondela coa selección galega.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará