A Banda de Música de Chapela ofrecerá o próximo Domingo 11 ás 18:00 horas, non Auditorio do Multiusos de Chapela, un Concerto animado pensado para os máis cativos. Baixo o título de “Animalia” ofrecerán unha proposta musical onde se contan e cantan fermosas historias dun máxico lugar que acolle e cura animais abandonados ou feridos.
A través desta historia a Doutora Botánica e ou seu axudante Pico, fará que os nenos/as e os animais sexan os principais protagonistas deste concerto, un concerto para todas as idades no cal se escoitarán diferentes cancións infantís tanto actuais como as de toda a vida. Un espectáculo capitaneado pola actriz Cristina Collazo e o actor Josito Porto que cantarán, bailarán e actuarán para facer do concerto un espectáculo moi divertido e participativo e no que a música correrá a cargo da Banda de Música de Chapela