A campaña, financiada polo concello, ofrece aos praceiros da praza de abastos, a posibilidade de entregar agasallos directos polas compras que realicen os clientes. En concreto, por ditas compras obterán bolsas e calendarios de mesa e de parede.
Ademais dos agasallos, o concello encargouse da decoración adornando as prazas de Redondela e Chapela con cores festivas e ornamentación de nadal. A rexidora quixo salientar a importancia dun comercio local e unhas prazas de abastos –Redondela e Chapela– “que teñen capacidade dabondo para ofrecernos todo o que precisemos para este Nadal”.
A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que esta iniciativa é unha continuación anual dunha campaña global de posta en valor do comercio local e dinamización do mesmo nestas datas de Nadal. Os agasallos desta iniciativa, foron adquiridos polo Concello de Redondela buscando o dobre obxectivo de, por unha banda, axudar ao comercio de proximidade nestes tempos complicados e, por outra, contribuír a dinamización comercial do municipio.