Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ana Pontón reivindica en Redondela o IVE cero nos alimentos básicos

WhatsApp Image 2022-12-16 at 14.30.24

A portavoz nacional do BNG achegouse ao mercado de abastos de Redondela acompañada polos concelleiros nacionalistas Xoán Carlos González e Jéssica García para coñecer de primeira man a situación do pequeno comercio local ante a escalada de prezos inflacionista.

O partido nacionalista denunciou que as grandes distribuidoras están a incrementar os seus beneficios, e que mesmo se están dando casos de especulación, fronte a un pequeno comercio que segue a sufrir perdas. Por este motivo, instan a que se actúe de xeito inmediato “para frear a suba dos alimentos básicos ante uns incrementos de ata o 200% que non teñen ningún tipo de xustificación” . Dende o BNG demandaron o IVE cero nos alimentos básicos e unha actuación inmediata “para que consumir peixe ou carne non sexa un luxo, porque o dereito a ter unha alimentación saudable debe estar por riba dos beneficio empresarial”.

Ana Pontón, BNG

Praceiros e praceiras trasladáronlle a necesidade de dinamizar e modernizar o mercado. Pontón destacou a calidade do produto que se atopa no mercado redondelán e salientou o esforzo extra que o comercio de proximidade está a realizar para evitar que a inflación e o incremento de carburantes e a electricidade se traslade ao consumidor final.

Pola súa banda, Xoán Carlos González criticou que haxa postos baleiros na praza, comprometéndose a pescudar os motivos dos peches. Reivindicou ademais que as accións de posta en valor destes mercados de abastos se amplíen máis aló de momentos puntuais como o Nadal.

Os nacionalistas animaron a participar este domingo na manifestación que organizan en Santiago de Compostela contra a suba dos prezos e para reivindicar que se tomen medidas de calado “para evitar que unha minoría se enriqueza mentres unha maioría o está pasando mal”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará