Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O equipo de billar de Chapela disputa a primeira praza da Copa Galicia

billar chapela

O Club de Billar Chapela-Rodavigo do Círculo Cultural Recreativo de Chapela busca manterse na primeira praza do campionato galego de Billar 3 Bandas. Será este sábado cando o equipo se despraza a Vigo para enfrontarse ao Club Billaristas Errantes na 5ª xornada da Copa Galicia na que o equipo de Chapela aspira a converterse no campión de inverno, xa que nestes momentos ocupa a primeira posición da táboa

As partidas desenvolveranse en horario de catro a seis.

Tralo parón de Nadal a segunda división nacional retomará a competición en xaneiro, con desprazamentos a Madrid, Valladolid, Xixón e Lugo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará