Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno de Soutomaior rexeita trasladar o pleno extraordinario da sanidade á Casa da Cultura

concello soutomaior

O BNG lamenta a negativa do goberno local a trasladar esta sesión a Casa da Cultura para permitir a asistencia de público. O PP mantén a convocatoria para o vindeiro luns ás 13:00 horas. Os nacionalistas consideran unha falta de respecto á veciñanza “que Agustín Reguera nin tan sequera contestara ao escrito no que se facía esta solicitude e que a hora fose consensuada”.

Dende o BNG consideran que o feito de que Agustín Reguera nin tan sequera contestara a esta petición é unha falta de respecto “non ao BNG, que representa á metade da veciñanza, senón a todos e todas as veciñas de Soutomaior, que padecen día a día o deterioro na sanidade pública do concello, e agora teñen que ver como o alcalde lles furta o dereito a manifestarse politicamente e defender a o seu dereito a ver coidada a súa saúde no noso concello”.

O voceiro municipal do BNG Manu Lourenzo tamén criticou que o goberno local “antepoña os intereses do seu partido aos dereitos da veciñanza, que leva dado tantas demostracións de dignidade nas rúas na defensa da atención primaria do concello, e que non merece estes desprezos por quen se supón debería defendela”.

Lourenzo dirixiuse a veciñanza para trasladarlles que “sempre vai contar con nós, onde faga falta para defender a súa sanidade e saúde” e animan aos veciños a que vaia o luns día 19 aos concello a seguir este pleno da mellor forma que permite ese espazo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará