A Asociación de Mulleres en Igualdade de Redondela preséntase esta tarde ás 20:00 horas no Pazo de Santa Teresa (Petán) nun acto aberto a cidadanía que quere dar a coñecer este colectivo que busca “mudar estereotipos e machismos e reunir recursos para facer fronte a calquera tipo de discriminación así como loitar contra a violencia de xénero” en palabras da súa presidenta, Sandra Bastos.
Un colectivo que nace inspirada noutras asociacións Amei que xa funcionan noutras localidades que levan anos traballando e organizando actividades diversas de formación e sensibilización. Sandra Bastos lembra que o obxectivo era botar andar antes da pandemia, pero a situación sanitaria obrigou a parar o proxecto que agora queren retomar con forza “de feito xa temos en mente diferentes actividades gratuítas que van comezar a finais de xaneiro”. Entre as xa confirmadas estaría un curso de manipulador de alimentos.
O acto de presentación de hoxe busca darse a coñecer polo que celebran un acto aberto no que estarán presentes ademais da directiva de Amei Redondela outras compañeiras de asociación próximas como Anabel de Amei Tui y Raquel de Femupo e obsequiarase as persoas asistente un pequeno detalle.
Animan á veciñanza a participar e lembran que teñen redes sociais abertas como Facebook e instagram e os números de teléfono 634549653 e 687843557.
Amei Redondela quere ser “referente para todas as persoas que entendan a importancia de seren iguales ante a lei en dereitos, obrigas e oportunidades”.