Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chamamento á veciñanza a doar sangue ante a caída das reservas

doazón

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprázase este martes e mércores en horario de tarde (16:00 a 21:00 horas) a Redondela co obxecto de tentar incrementar unhas reservar de sangue que se atopan especialmente baixas nos grupos 0 positivo e A positivo, tendo que reprogramarse numerosas intervencións cirúrxicas en pacientes destes grupos. Por ese motivo, dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) faise un chamamento xeneralizado á participación de toda a cidadanía na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes O+ e A+, para que se acheguen a unidade móbil que se despraza os días 20 e 21 a Redondela.

A Axencia convida aos cidadáns a amosar o seu carácter xeneroso e solidario xa que, debido ao aumento na demanda de compoñentes sanguíneos, hai escaseza de sangue nos centros hospitalario.

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará