Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Apalpador chega a Pazos de Borbén

apalpador

A biblioteca e o concello de Pazos celebran este martes unha xornada de festa de Nadal con dúas citas para os máis cativos. Por unha banda o espectáculo do Mago Paco coa función “A maxia do Nadal!” Que terá lugar ás 10:00 horas no Auditorio do Concello. A continuación na praza do Concello recibirán a visita do Apalpador.

As actividades arrancarán ás 10:00 horas coa maxia do Mago paco, coa función “A Maxia do Nadal”, un espectáculo pensado para estas datas, para que grandes e pequenos pasen un rato agradable cos mellores trucos de maxia nunha función que se caracteriza por unha mestura de varias artes escénicas, primando ademais os números cómicos e a participación do público. Están convidados a asistir a este espectáculo máxico todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación Aspavi.

A partir das 13:00 horas está prevista a chegada do Apalpador, a tradicional figura do Nadal que visitará este ano 45 concellos máis da man da Deputación de Pontevedra grazas á oitava edición do programa ‘Nadal en Galego’ do departamento de Lingua dirixido pola deputada María Ortega que concedeu a actuación a todos os municipios que o solicitamos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará