Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior emenda os orzamentos da Xunta e pide unha partida para a nova depuradora

is souto

Os nacionalistas consideran estes orzamentos “moi negativos” polo que presentaron 4 emendas específicas que buscan ““corrixir as graves deficiencias que estas contas teñen con Soutomaior”. Dende a formación nacionalista anuncian que non apoiaran as contas senón se modifican para cubrir necesidades básicas do concello en materia sanitaria e educativa.

O voceiro do BNG na localidade Manuel Lourenzo manifestou que destas emendas, dúas teñen que ver directamente coa sanidade “a primeira é para que se dote de orzamento a substitución e contratación de persoal sanitario, para que sempre e en todo momento, a asistencia sanitaria no noso concello estea garantida”. A segunda fai referencia á construción do nono centro de saúde “xa que pese ao anuncio de Agustín Reguera nestes orzamentos non hai ningunha partida específica para esta obra, so unha partida xenérica para toda a área que non é suficiente para cubrir con todos os compromisos, por iso demandamos unha partida clara, con nomes e apelidos, que recolla o inicio da construción do novo centro de saúde e a súa dotación co persoal suficiente para cubrir as necesidades de Soutomaior”.

Outra das emendas ten que ver coa necesidade de que se inicie canto antes a construción da Fase II do IES e se solucione inmediatamente os graves problemas de espazo e matrícula que está a sufrir a nosa rapazada”.

A última emenda presentada ten que ver con que despois de 4 anos de anuncios e promesas, seguimos agardando polo inicio das obras na nova depuradora, non podemos seguir machacando unha ría que é o sustento económico de tantas familias do noso concello, temos que tomar medidas e hai que tomalas xa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará