O programa, que se desenvolve en Redondela e Chapela conta con tres liñas de formación: obtención do título de educación Secundaria, alfabetización de adultos e formación sociolaboral.
Os obxectivo principal é facilitara inserción social e laboral das persoas do Concello a través da mellora do seu nivel de alfabetización e o dominio das linguas oficiais de Galicia. Búscase que as persoas que fagan uso deste recursos adquiran as competencias curriculares básicas para mellorar o seu perfil de empregabilidade e facilitar a súa inserción sociolaboral.
O Programa de formación-educación de adultos e de competencias socio-laborais curso 2022- 2023 comezou o 2 de novembro de 2022 e remata o 31 de maio de 2023, impartindo un total de 127 días lectivos, segundo o calendario escolar.
A poboación destinataria son os usuarios e usuarias de Servizos Sociais de Redondela, pero tamén está aberta a persoas interesadas empadroadas no municipio de Redondela, que abandonaran en idade temperá o sistema educativo, que nunca estiveran escolarizadas ou que desexan adquirir novas ferramentas e competencias para mellorar o seu perfil de empregabilidade.
Malia que as clases xa comezaron aínda hai prazas disponibles. As persoas interesadas poden informarse no Departamento de Servizos Sociais de Redondela (986 40 26 08) e no Departamento de Servizos Sociais de Chapela (986 45 89 93).