Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR presenta o I Campus de Nadal

302508708_1882681035260237_533475229348468356_n

O obxectivo do Campus de Nadal da SAR é gozar do balonmán durante as vacacións e axudar ás familias na concilación familiar durante estas datas.

Está repartido en dúas quendas, do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro en horario de mañá, de 9:30 horas a 13:30 horas. As actividades están dirixidas aos xogadores e xogadoras do club, pero tamén a nenas e nenos,entre 6 e 12 anos, que queiran iniciarse neste deporte e facer algo diferente durante as festas.

O prezo do campus completo será de 20 euros para socios e socias, persoas con ficha no club,  e 25 euros para o resto de participantes. A idea é pasalo ben entre amigos e amigas, polo que se alguén quere coller días soltos o prezo por día corresponde a 5 euros.

O pago realizarase o primeiro día de asistencia ao Campus e a inscrición realizase a partir deste enlace, que tamén poderedes atopar na web do club.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará