O CD Choco invitou aos equipos das categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín dos clubs da contorna para celebrar un torneo no que o fútbol non será o único protagonista. A solidariedade é o que unirá aos xogadores e xogadoras que terán que traer alimentos non perecedoiros para doar a Cáritas. A intención é recadar o maior número de quilos posibles e unir aos distintos clubs por unha boa causa.
O torneo desenvolverase no campo de Santa Mariña. O día 27 xogará a categoría Prebenxamín, o 28 será a quenda dos Benxamís e o 29 tócalles aos Alevíns. Tódolos días en horario de tarde de 16 horas a 20:45 horas.
Entre os asistentes están o Grupo Casa Paco 81- CD Choco,CD Soutomaior, CD Arcade, CD Valmiñor, Chapela CF, Barro CF, UD Atios , Gondomar CF, EF Portero 2000, Arosa SC, CD Conxo, Alondras CF, Colegio Apóstol A y Colegio Apóstol B, Arbo CF, CD Arcade, AXD Verdugo, ED Val Miñor, Erizana CF, Atlético Cúntis A y Atlético Cúntis B, entre outros.
O Choco lembra que por alimentos non perecedoiros corresponden, por exemplo, ao atún enlatado, garavanzos, sopas e pastas enlatadas, verduras, olivas envasadas ou salsas en lata.
Tamén os legumes, arroces e pastas crúas que veñen envasadas.