Delitos contra a seguridade viaria, resultados positivos en probas de alcoholemia e drogas, conducir carecendo de permiso ou coa ITV caducada… as infraccións detectadas nos controis que de xeito aleatorio realizan os axentes da policía local e nacional van en aumento tal e como se constatou no control conxunto realizado na madrugada do xoves.
Nesta ocasión o control desenvolveu na parroquia de Chapela e saldouse con tres condutores investigados por delitos contra a seguridade viaria, 2 por arroxar un resultado positivo nas probas de alcoholemia e 1 por carecer do permiso de conducir. Hai que engadir a estes investigados un condutor que deu positivo na proba de drogas e tes sancións pro circular sen o seguro obrigatorio do vehículo ou sen contar coa ITV ao día.
Houbo tamén un sancionado por non deter o vehículo tras serlle dado o alto no control policial e unha proposta de sanción ante a subdelegación do goberno por falta de respecto aos axentes da autoridade.
Engaden tamén dende a Policía Local a apertura de dúas actas de sanción por posesión de substancias estupefacientes na vía pública.