Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Nadal sostible e participativo en Arcade de Riba

Soutomaior-Nadal-apalpador

Dende hai catro anos a Asociación de Veciños da zona organiza un Nadal diferente. A idea naceu co obxectivo de unir aos veciños, facer unha actividade colaborativa e participativa fuxindo das grandes decoracións doutras vilas e cidades e recuperar tradicións que se están a perder. Un Nadal sostible que está a ser todo un atractivo e que permite percorrer os barrios de Pozovello, Sameán ou a Devesa e ir atopando nesta zona rural diferentes figuras elaboradas todas elas de xeito artesanal.

Madeira, piñas, palés, botellas… calquera material é válido para facer esta decoración artesanal elaborada polos veciños da zona e que se coloca no medio do monte e convida a facer un paseo pola natureza descubrindo os distintos elementos que podemos atopar. Un columpio pendurado dun carballo, un Castelo, a casiña do Apalpador, un bosque animado con gnomos, unha gran árbore luminosa, o tradicional portal de Belén… a imaxinación dos veciños á hora de elaborar estas figuras non ten límite

Unha decoración que está a ser un atractivo non só para os veciños da zona “na fin de semana incluso hai problemas para aparcar porque ven moita xente de fóra que xa sabe desta iniciativa” explica dende a Asociación Alfonso Puente.

Un feixe de sorpresas que fan as delicias dos máis pequenos e dos que non o son tanto, de feito unha das actividades que tamén están a organizar dende a Asociación en colaboración cos Centros de Día da localidade é facer posible que os seus usuarios e usuarias poidan achegarse e coñecer esta decoración

Os arredores dos barrios de Pozovello, Samean e A Devesa son os lugares nos que buscar esta decoración traballada polos propios veciños do lugar e que se poderá visitar duratne todas estas festas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará