Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A solidariedade do Casa Paco suma apoios

casa paco 1

Na súa tradicional campaña de recollida de alimentos e xoguetes lograron máis de 300 kilos de comida e varias caixas de xoguetes que foron entregados na xornada de hoxe a Cáritas-Redondela, organización que se encargará da súa distribución entre as familias do municipio que máis o necesiten.

Un ano máis a directiva do Grupo Casa Paco 81 puxo en marcha a recollida solidaria de alimentos que se desenvolveu durante as últimas semanas. Unha recollida que suma apoios con diferentes entidades coas que o club confía en seguir colaborando de cara a futuras iniciativas como o Redondela FS,  o Club de patinaxe Bolboreta, o club de balonmán As Choqueiras, o centro cultural Reboreda ou a empresa New Balance.

O presidente da entidade, Manuel Conde, salientou a importancia de que a veciñanza siga a colaborar nesta recollida malia seren moitas as iniciativas destas características o que fai que as doazóns se repartan, e puxo o acento no feito de que se sumen as súas propostas novas entidades e colectivos aos que agradeceu a súa colaboración desinteresada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará