Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cé Orquestra Pantasma e Tanto nos ten en Negros

negros

O centro cultural de Santo Estevo de negros vive hoxe unha tarde de actividades con dúas propostas para públicos diversos. Así, ás 17:30 horas terá lugar un espectáculo de música a cargo do vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos que co seu proxecto Cé Orquestra Pantasma ofrece un variado repertorio que anima a públicos de todas as idades. Unha proposta enmarcada no ciclo de teatro infantil interparroquial Queremos galego con entrada de balde.

Xa as 20:00 horas actuará o grupo de folk tanto Nos ten, un grupo de música que emprega no seu repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio e comprometidas co país e que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que denominamos, música tradicional furtiva coa que tratan de interactuar coa xente, e converter nunha festa cada unha das súas intervencións, tanto de rúa coma de palco.

Dúas actividades de balde enmarcadas na programación de Nadal do Concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará