O Concello de Redondela promove o mercado de proximidade na vila a través do intercambio de tickets de compra por horas de estacionamento gratuíto no aparcadoiro da Xunqueira.
Por cada 30 euros de compras en tendas de Redondela, o cliente recibe unha hora de estacionamento de balde. As persoas que queiran facer uso destes tiquets deberán achegarse ao Multiúsos da Xunqueira e presentar os comprobante das compras realizadas nalgún dos comercios da vila. Dende o concello explican que esta iniciativa “quere dar resposta a unha demandas dos propios comerciantes co obxecto de impulsar as comprar no pequeno comercio”.
Praza de abastos
Tamén a Praza de Abastos de Redondela continuará coa promoción que leva meses posta en marcha para impulsar as compras no mercado. Neste caso, por cada dous tickets de compra dalgún dos postos do mercado, o cliente recibe unha hora de aparcamento de balde no Parking da Xunqueira. O intercambio dos tickets por horas de estacionamento faise na propia cafetería do mercado.