Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela é puro teatro

teatro redondela

Espectáculos musicais e teatrais para despedir o ano

A Concellería de Cultura proponnos durante toda este semana un total de catro espectáculos familiares para despedir este 2022. Dende hoxe martes e ata o venres pasarán polo nosos concello as compañías Educateatro, Tanxarina Títeres, Paco Nogueiras e Os Bolechas. As actuacións ,todas elas de balde, serán no Multiúsos da Xunqueira, agás a do xoves que terá lugar no Piñeiral en Chapela.

Educateatro presenta O camiño de Santiago

O Multiúsos da Xunqueira acolle o martes 27 ás 18:00 horas a obra de teatro infantil O camiño de Santiago a cargo da compañía Educateatro con entrada de balde.

O camiño de Santiago é a historia de Santiago e Mariña, dous irmáns que non xogan xuntos, pero que aprenderán a facelo.

Como cada noite, Santiago emprende o seu camiño acompañado de Branco, o seu cabalo inseparable. O que non agarda é atoparse no seu soño con Mariña e a súa gatiña Lupe. Vivirán aventuras e cantarán cancións para chegar ao Castelo Máxico (a Catedral de Santiago) e encontrar o tesouro agochado.

Nesta viaxe, as personaxes dos seus contos cobrarán vida. Cando remata a súa aventura e a viaxe finaliza, os irmáns espertan, á mañá seguinte, cambiados, unidos e  xuntos.

Tanxarina títeres no Multiúsos

A Cazola de Lola é a obra que achegan este mércores 28 ás 18:00 horas ao Multiúsos da Xunqueira a compañía redondelá Tanxarina Títeres. Unha obra codirixida por Cándido Pazó na que actúan Eduardo Cunha “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez.

O argumento xira en torno a Lola, quen sempre arrastra un cazo tras dela. Un día caeulle enriba e por causa dese incidente xa non é como os demais. Precisa de moito cariño, é moi sensible e ten un gran sentido artístico., malia que as veces hai persoas que só ven que arrastra un cazo e o atopan raro.

Paco Nogueiras en Chapela

O espectáculo musical Brinca Vai de Paco Nogueiras chega ao Multiúsos de Chapela o 29 de decembro ás 18:30 horas. Unha proposta de balde enmarcada no ciclo de teatro infantil interparroquial Queremos galego.

Os Bolechas visitan o Multiúsos

Os Bolechas regresan a Redondela a presentarnos un espectáculo familiar coa Bruxa Befana. Desta volta, o público vai coñecer outras formas de celebrar o Nadal, e outras personaxes destas datas. De feito preséntannos a Befana, a encargada de levarlles doces e xoguetes á rapazada italiana nestas datas tan especiais.

O venres 30 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará