Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto benéfico a favor da Asociación contra o Cáncer

alejo nuria

O pianista redondelán Alejo Amoedo e a mezzosoprano Nuria Lorenzo ofrecerán un concerto este venres 30 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a favor da Asociación española contra o cancro en Redondela .A entrada custa 10 euros que irán a parar á asociación. As entradas pódense adquirir no propio Multiúsos ou chamando aos teléfono 678 515 646 ou ao 654 235 376.

Alejo Amoedo, pianista especializado no repertorio de compositores galegos acompañará ao piano a actuación da mezzosoprano Nuria Lorenzo. Unha colaboración xa habitual entre ambos os dous músicos que nesta ocasión sóbense ao escenario por unha boa causa: recadar fondos a favor da asociación que traballa en Redondela para dar apoio a pacientes enfermos de cáncer e as súas familias. O repertorio estará composto por una variedade de pezas entre as que se atopan poemas de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez ou fragmentos de zarzuelas como “La Tempranica” ou “El año pasado por agua”, entre outras.

A cita este venres ás 20:00 horas no Multiúsos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará