A alcaldesa reunise coas traballadoras o pasado martes
A asemblea celebrada o pasado martes a instancias do Concello deixou bo sabor de boca entre as traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar (SAF), sobre todo pola participación masiva das afectadas. Con todo, dende a CUT insisten en que tras meses de irregularidades por parte da empresa concesionaria Os Ventos, o Concello debe actuar con maior contundencia e de forma inmediata.
“É preciso que dende o goberno local se actúe xa ante as graves irregularidades que está cometendo a empresa Os Ventos” así o explica dende a CUT unha das representantes das traballadoras, Rebeca Porto. Entre as queixas recorrentes apunta a que non hai cuadrantes correctos, todos os días quedan usuarios sen servizo, as traballadoras non saben onde teñen que ir ou as mandan a domicilios nos que nunca estiveron e que descoñecen a problemática da persoas que teñen que atender, non se inclúe o tempo de desprazamentos… Ante esta situación entende que “para que o servizo do SAF se normalice é necesario cambiar practicamente todo.
Valoran positivamente a asemblea celebrada no Multiúsos a instancias do goberno local “sobre todo pola participacións das propias traballadoras” pero insisten en que “a estas alturas non bastan as palabras, precisamos de feitos”. Lembran que as irregularidades da empresa tanto no referente a estabilidade laboral das traballadoras como ao benestar e atención dos maiores foron comunicadas en tempo e forma e dende hai meses ao concello. Por iso insisten en que a reunión anunciada pola alcaldesa entre empresa e sindicatos “ten que celebrarse nada máis arrancar o ano, non estamos dispostas a esperar máis” e que teña unha resolución firme “que poña fin a precariedade na que estamos dende hai tempo”. Neste sentido tamén adiantan que retomarán as mobilizacións no caso de non ver ningún avance.
Entenden que a concesión do servizo a os Ventos fíxose “fíxose rozando a temeridade” polo que agradecen que de cara a elaboración dos novos pregos de condicións para a futura contratación se teña en conta tanto as traballadoras como aos servizos técnicos.