Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco gaña o trofeo do Torneo de Nadal do Alondras CF

322383950_861409261650134_2481608142123435474_n

Os alevíns do Club Deportivo Choco levaron á casa o trofeo da primeira edición do Torneo de Nadal do Alondras CF. Disputouse no campo do Morrazo, o día 31 de decembro, para despedir o ano. Participaron 10 equipos e chegaron á final os redondeláns xunto co equipo de Bertamiráns, finalmente o Choco gañou por un gol aos de A Coruña.

No terceiro posto do podio quedou o equipo EFB Moañesa, que se impuxo ao A Seca cun resultado de 2-0. Ademais dos catro semifinalistas tamén participaron os equipos de Alondras A, B e C, Porteiro 2000 e os equipos A e B do Bueu.

O tempo deixou gozar do evento e a choiva non se presentou ata o final, respectando tódolos partidos.  Unha forma doce de despedir o ano para os rapaces do alevín do CD Choco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará