O martes ás 18: 30 horas estará no multiusos da Xunqueira o artista Paco Cerdeira, máis coñecido como Pakola,s para presentar o seu espectáculo musical “Ramona Órbita, a dona do tempo” . Na obra conta a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo.
Paco Cerdeira e a súa boneca cantarán cancións ao ritmo do rock sobre ecoloxía, ciencia e historia. Xuntos ensinarán curiosidades sobre o antigo Exipto, Leonardo da Vinci e tamén a biodiversidade galega. Ramona está inspirada na súa avoa e recolle elementos da zona do Courel pola importancia que teñen as reservas verdes e o paisaxe do territorio.
‘A dona do tempo’ é a primeira aventura da protagonista. Tralo éxito dos seus máis de 150 espectáculos por toda Galicia, Cerdeira adianta que ten preparada outra obra que estreará en 2023. Desta vez viaxa o pasado, cando Ramona era pequena, onde poderemos vela crecer e plantar patacas na lúa xunto a súa amiga Nora a Furona Bailona.
Mañá ás 18:30 horas da tarde no Multiusos da Xunqueira`, Ramona órbita: a dona do tempo’, un espectáculo para os máis cativos do que tamén poden aprender moito os adultos.