Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recomendan non transitar o paseo do Río Maceiras afectado pola tormenta

8e6baa72-0a16-4672-afd0-346d2a83585e

O Concello de Redondela e a policía local non recomendan transitar o paseo do Río Maceiras que se viu afectado polo desbordamento da auga.

As intensas choivas destes días provocaron desbordamentos no río Pexegueiro e no río Maceiras, ademais de crear bolsas de auga na Estrada Fortóns preto do aeroporto. Tamén aconteceron varios derrubamentos de terra, un no camiño  Eira Pedriña en Cedeira e outro no camiño Leira do Muiño en Trasmañó.

O sistema de augas viuse superado, saltando varias tapas da rede de sumidoiros. A zona do IES Mendiño precisou saneamento, polo que o equipo do concello desprazouse á zona para  limpar as reixas fluviais.  Tódolos eventos e espazos afectados xa están controlados.  

A policía local destaca que non houbo ningún suceso e que todo estivo baixo control, sen consecuencias graves para a veciñanza. A concellería de medio ambiente apunta que o paseo do río maceiras vaise arranxar cando as condicións meteorolóxicas permítano. O máis importante foron os desbordamentos dos ríos, algo habitual en Redondela.   

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará