Foto de Little Vigo
Redondela e Chapela celebran a esperada cabalgata para recibir aos Reis Magos de Oriente e que as nenas e nenos poidan gozar dunha das actividades máis ilusionantes do Nadal.
En Redondela, os Magos de Oriente comezarán ás 18 horas en Vilavella, preto da Praza de Ponteareas, para dar a volta no Campo da Feira e facer parada no Concello, onde recibirán aos nenos e nenas. Alí, unha interprete de lingua de signos traducirá as palabras dos Reis Magos, para facer o nadal o máis inclusivo posible.
O percorrido polas rúas de Chapela comeza ás 18 horas no alto da Encarnación ata 4 Pontes e volve ao edificio do Círculo Recreativo de Chapela para recibir alí os cativos e cativas.
O ano pasado as cabalgatas adoptaron o formato de actividades estáticas, unha recomendación para poder celebrar o Día de Reis en plena pandemia do Covid-19. “Este ano as dúas cabalgatas do municipio volven a facer o seu percorrido habitual, un momento moi esperado polos máis cativos e cativas de Redondela que poderán gozar das festas como se merecen”, explicaba a alcaldesa.