Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela compra xoguetes para os nenos e nenas das familias usuarias de Servizos Sociais

495eef4a-6c72-4820-a0bb-70003ff4859b

O goberno local presenta por terceiro ano consecutivo a campaña ‘Redondela xoga en igualdade’ a través da cal compran xoguetes novos para os nenos e nenas das familias usuarias de Servizos Sociais. Segundo a alcaldesa “estamos a falar de solidariedade e non de caridade. O Nadal ten que ser para todos os nenos e nenas por igual, se non non sería Nadal”.

A rexedora redondelá agradeceu a colaboración das xogueterías locais porque, “cando se lles presentou a idea, non dubidaron nin un só instante en sumarse á mesma para tentar que a situación económica dás familias non repercuta na ilusión coa que os máis pequenos viven estas datas”, destacou Digna Rivas.

Do mesmo xeito que os anos anteriores, á hora de adquirir os xoguetes procurarase que estes sexan “igualitarios e non sexistas”, porque o goberno local entende que “a través do xogo pódese inculcar valores como a igualdade, imprescindible no camiño cara unha sociedade máis xusta”.

Así, coa campaña “Redondela xoga en igualdade” cúmprense tres claros obxectivos: que ningún neno quede sen xoguetes en Nadal, fomentar a igualdade e apoiar e dinamizar o comercio local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará