Adiantábase Félix cun gol no 17’ e Millán lograría a igualada no 62’. Nun encontro no que se alternaba o dominio de ambolos dous equipos por franxas de tempo, o equipo choqueiro antes de encaixar o gol da igualada puido aumentar a distancia cunha clara ocasión de Adri.
Rápido 1-1 Choco
Sen moitas ocasións por parte de ningún dos dous equipos, unha vez logrado empate o partido puido caer para calquera dos dous lados. De feito xa no minuto 10 sería Cellerino que avisaba cun tiro certeiro que erraría por moi pouco. Logo sería o Choco quen intentaría rómpela saca sobre a portería de Brais até que o logran no 16’ co tanto de Félix Rial. A partir do tanto, os locais apertaron máis creando ocasións e tentando a sorte a balón parado, pero finalmente o Cd Choco sería quen marcharía con vantaxe aos vestiarios no tempo de lecer.
Na segunda parte, o CD Choco, moi afundido atrás non era quen de pasar de medio campo, feito que aproveitaban os locais para poñer en jaque a Cortegoso. Máis tamén os redondeláns tiveron as súas. De feito o que ben puido ser o 0-2, cun tiro de Adri que se foi fóra con conseguinte lamento de toda a afección choqueira que alentou ao equipo, chegaría a igualada cun tanto de Millán no 62’.
O 1-1 no se movería do marcador, aínda que ben o puido facer de materializar Cora a ocasión que tivo ou o Rápido de Bouzas, cun tiro de falta. Non puido ser nin unha nin outra, polo que ambolos dous equipos fixeron reparto de puntos no Baltasar Pujales.
Na vindeira semana o Choco xoga no campo do Viveiro.
Segunda Galicia: Reparto de puntos para os dous equipos da contorna que militan nesta categoría.
Cerponzóns 1-1 Cesantes
Soutomaior 1-1 Monteporreiro
Na vindeira semana o Cesantes, noveno da categoría xoga no campo do Caldas situado na sexta posición. O Soutomaior, segundo do grupo recibe ao pechacancelas. O Grove.