Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela perde un milleiro de habitantes na última década

redondela

O concello de Redondela arranca o ano cun total de 29.055 habitantes segundo os últimos datos feitos públicos polo instituto nacional de estatística referidos ao 2022. Isto supón un descenso respecto do ano anterior cando os veciños contabilizados eran 29.192 así como un descenso paulatino na última década. De feito, no 2012 a cifra ascendía a 30.015. Un descenso gradual que se constata tamén en Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, sendo Soutomaior o único concello que crece nos últimos anos.

De feito, hai dez anos en Soutomaior o número de habitantes era de 7.265. Malia o lixeiro descenso experimentado nos anos 2016 e 2017, no último lustro este municipio experimentou un crecemento paulatino no número de empadroados ascendendo a día de hoxe a súa poboación a 7.543 persoas.

Pola contra en Pazos de Borbén hai unha década eran 3.170 sendo o 2017 o ano de inflexión, xa que nese exercicio caeron por baixo dos tres mil habitantes, cifra que rozan actualmente (2.998).

Menos habitantes ten o municipio de Fornelos de Montes, cun total de 1.621 veciños e veciñas. Cifra que experimentou na última década un descenso notable, xa que no 2012 eran 1.906.

En Redondela, se diferenciamos por sexos vemos que a poboación feminina é maior, con 15.003 mulleres fronte a 14.052 homes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará