Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela fai unha viaxe pola memoria coa presentación do libro “A ollada dos Cal. 100 anos de fotografía”

_CAL3410

Logo dunha exitosa campaña de crowfunding que acadou a participación de máis de 200 persoas, o libro é xa unha realidade. A súa presentación terá lugar o vindeiro venres 13 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Os libros pódense adquirir en calquera das librerías do concello ou directamente na tenda de fotografía Cal3 na rúa Alfonso XII.

O proxecto de investigación nacido da man de Alberte Román deu pé á publicación dun libro que leva por título “A ollada dos Cal. 100 anos de fotografía”. Unha escolma de preto de 150 imaxes que forman parte do arquivo desta saga de fotógrafos conformada por Saturno, Avelino, Félix e Mundo Cal.

Mundo Cal

Tres xeracións de fotógrafos que coa súa cámara foron recollendo imaxes que dan conta do século XX. Unha coidada publicación na que atopamos as primeiras imaxes tomadas por Saturno Cal nos inicios do século pasado, pasando polas fotografías de Avelino Cal, ata chegar a terceira xeración, Félix e Mundo Cal.

Retratos, paisaxes, festas e actos sociais e políticos de Redondela pero tamén un percorrido en imaxes por diferentes países aos que chegou a cámara dos Cal conforman un libro no que non faltan os textos nos que se recolle a vida e Saturno e Avelino así como as impresións de Félix e Mundo quen, en formato de entrevista, narran os seus inicios na fotografía así como os retos aos que se tivo que enfrontar esta tenda familiar, principalmente coa irrupción da dixitalización.

O obxectivo deste proxecto, tal e como eles mesmos explican “é difundir o patrimonio fotográfico de 3 xeracións de fotógrafos da familia Cal, un arquivo de miles e miles de imaxes das que se elixiron tan só algunhas. Unha oportunidade de deterse nunhas que fan un percorrido pola historia local”

A presentación do libro terá lugar este venres ás 20:00 horas no Multiúsos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará