A Concellería de Persoas Maiores recupera este programa coa intención de ofrecer ás persoas maiores de 55 anos, a posibilidade de gozar de excursións de un día de duración a lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial. A primeira das propostas será o 25 de xaneiro ás Termas de Vizela (Portugal). As persoas interesadas poden inscribirse dende este venres 13 ata o 20 de xaneiro na oficina de turismo.
Esta saída inclúe o desprazamento, seguro de viaxe e accidentes, acceso ao circuíto termal (con prezos especiais para outros tratamentos), xantar e visita á cidade de Vizela. O punto de recollida do autobús será na Casa da Torre (A Farola) ás 9:15h para regresar a Redondela entorno ás 20h.
As rutas están abertas á participación de todas as veciñas e veciños maiores de 55 anos do termo municipal de Redondela.
Para poder participar nesta actividade, as persoas interesados deberán cubrir un formulario que se lles facilitará na oficina de Turismo (baixos do Concello) onde se lles achegará toda a información. Será preciso aportar copia do DNI e o pago do importe (entorno aos 20€). O prazo de inscrición estará aberto ata o venres 20 de xaneiro.
O obxectivo desta actividade é fomentar a interrelación entre as persoas participantes e, ao mesmo tempo, achegarlles a posibilidade de coñecer outros lugares da nosa contorna.