Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un documental recupera a memoria do Viso

Copia de Copia de Copia de Copia de The Simple Farmer's Market

A iniciativa leva por nome “Os tesouros de Redondela” e parte do Servizo de Normalización Lingüística co obxectivo de documentar a historia das parroquias de Redondela a través dos testemuños das persoas de maior idade. O primeiro dos documentais, baixo a dirección de Fernando Carreira “Cuchi” está centrado na parroquia do Viso e presentarase este sábado ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.

Un total de 13 homes e mulleres do Viso, contactados a través da Sociedade Cultural da parroquia son os encargados de relatar ante a cámara as súas vivencias de cando eran mozos. Rememoran así como tiñan que ir lavar a roupa ao río, desprazarse á fonte para poder ter auga ou mesmo ir a cada dun veciño cando querían facer unha chamada de teléfono cando este obxecto estaba tan só ao alcance duns poucos.

Fernando Carreira Cuchi, director do documental

Falan tamén de cómo mudaron as festas e romarías e lembran as formas de se divertir cando eran novos. Así o recolleu coa súa cámara Cuchi Carreira, encargado tamén da montaxe, onde en forma de documental se inclúen tamén vistas do territorio e imaxes antigas.

Unha primeira entrega que confía teña continuidade xa que a idea do Concello en principio sería facer unha serie documental que permita recoller testemuños en todas as parroquias “para que non se perdan e para que cada un dos capítulos sexan difundidos tamén nos centros educativos ou dende outros ámbitos”.

O primeiro dos documentais poderá verse este sábado ás 19:00 horas no auditorio da Xunqueira e chegará precedido da actuacións das pandereteiras Terra Meiga. A entrada é de balde pero compre retirar as invitacións previamente na tenda de Concha no Viso ou no propio Multiúsos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará