Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Pazos asegura non ter recibido ningunha invitación para formar unha candidatura conxunta de esquerdas

bng pazos

Os nacionalistas aclaran que presentarán a súa candidatura con Xurxo Pardo Besadío como candidato a alcaldía de Pazos de Borbén e desminten a Alternativa Veciñal, formación que asegurou ter trasladado xa a finais de novembro unha oferta tanto aos cabezas de listas de PSOE como do BNG para concorrer xuntos ás eleccións locais do 2023 co obxecto de “sumar forzas para evitar que a división de voto entre varias opcións políticas impida un cambio de goberno na localidade”.

Con todo, o BNG aclara que “en ningún momento recibiu ningunha chamada, nin comunicación formal por parte de Alternativa Veciñal para a formación dunha candidatura conxunta nin nas vindeiras eleccións de maio do 2023, nin nas pasadas eleccións do 2019”.

Engaden ademais que o BNG de Pazos de Borbén ten un proxecto serio é sólido, que leva moitos anos traballado a prol do cambio neste concello e que apostan pola súa candidatura liderado por Xurxo Pardo Besadío.

As forzas de esquerda en Pazos de Borbén, engaden “están destinadas a manter conversas e traballar conxuntamente para botar fora o Partido Popular. Para iso necesitase confianza e respecto, polo que lanzar notas de prensa que falsean a realidade en beneficio propio non contribúe a xerar un clima de confianza e só beneficia o Partido Popular”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará