Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco suma un novo punto na súa visita ao campo do Viveiro CF

choco

Rival complicado o que tiña o CD Choco este domingo, dificultade á que lle tería que sumar o estado do céspede do Municipal Cantarrana onde os xogadores choqueiros tiveron que dobregar esforzos. Malia as complexidades, a escuadra choqueira logrou un empate 1-1 nun partido no que os de Redondela mereceron moito máis, sumando así un punto que ben puideron ser tres.

Viveiro 1-1 Choco

Unha primeira parte bastante igualada entre os dous bloques onde houbo achegamentos perigosos as dúas áreas rivais, e dúas ocasións para os locais que Cortegoso afastou se dúbida. O dominio tanto do partido como do esférico estivo parello chegando ao tempo de descanso sen goles no marcador.

O partido cambiaría tras pasar polos vestiarios. Empezaba avisando o Viveiro CF cun tiro que ataxou Cortegoso, que ían a polos tres puntos. No 51 Sane adiantaría aos seus logo de empurrar o balón morto na área redondelá, nacido dunha xogada de banda. Foi nese momento cando os de David Pérez despertaron do letargo e se fixeron co control absoluto do encontro. Iso si, coa dificultade de non poder facer o seu xogo, polo terreo de xogo que co paso do tempo e a choiva empeoraba.

O CD Choco comezou a chegar a área rival, creando continuas ocasións de gol tanto con xogadas creadas como a balón parado, De feito obterían a súa recompensa no 62’ cun gol de Adri quen conseguiría a igualada. O Choco seguiría pelexando ata o final pero o partido remataría cun empate. Un punto que pode saber a pouco, pois se mereceron moito máis, pero toca seguir remando para tentar sair do último posto da clasificación e pensar xa no Gran Preña que visitará Sta. Mariña na vindeira semana.

Ficha técnica:

Viveiro CF: Ayoub (p), Carlos, Yepes, Edgar, Nico, Iker, Rolle, Barroso, Junior, Sane, Shuster. Tamén dispuxeron de minutos Lucas, José Manuel, Christian, Sergio e Juan

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Ronald, Anxo Vilas, Diogo, Yago Vázquez, Juanma Justo, Samu Vilariño, Félix, Álex Figueroa, Adri, e Toni. Tamén xogaron Comis, Pedro Rodríguez e Islam

Goles: 1-0 Sane (51’), 1-1 Adri (69’)

Na Segunda Galicia

Caldas 3-1 Cesantes

O Cesantes sitúase na decimoprimeira praza da categoría tras caer 3-1 ante o Caldas. Na vindeira semana reciben ao Sampaio.

Soutomaior 3-0 O Grove

Vitoria pola contra para o Soutomaior por 3-0 ante o Grove. Equipo que se mantén na segunda praza do grupo e que na vindeira semana disputan un interesantisimo partido, xogan na casa do lider, o Marcón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará