Imaxe dun partido anterior do SD Pazos
Un dos colexiados decidiu suspender o encontro a 14 minutos para o final polos asubíos e insultos do público no pabillón de Pazos de Borbén. Unha decisión que non comparte o club nin tampouco o conxunto rival, e que tampouco apoiaron os outros dous colexiados, segundo explica o adestrador Fran Amoedo.
Fútbol Sala Terceira División
SD Pazos – Noia FS “B”
A falta de 14 minutos para o final e cando o marcador reflectía un empate a 3 entre o Pazos e o Noia “B”, o colexiado Cristian Fernández decidiu suspender o encontro. O motivo non foi outro que o acontece tras xornada en case todos os pavillóns: insultos e asubíos ao árbitro. No club pacense, malia que condenan calquera actitude ofensiva, cualifican a decisión do colexiado como “bochornosa”, xa que o ambiente que se vivía nas gradas era “o habitual” en calquera encontro.
Tanto o resto do equipo arbitral como o adestrador do filial do Noia trataron de convencer a Fernández Comesaña para que permitise continuar o encontro, pero sen éxito. Amoedo lamenta a decisión e advirte que se todos os árbitros actuasen desa maneira “non se disputaría ningún partido de liga”.
Desde o club de Pazos presentarán alegacións ante a Federación, e confían en que lles permitan disputar os 14 minutos que restaban de partido. Mentres seguirán traballando coa ollada posta na prósima cita. Será na pista do Praias de Barreiro, equipo situado na parte baixa da táboa.
O capítulo desta pasada fin de semana empaña unha primeira volta espectular para o equipo de Amoedo, que acabou como segundo na táboa con 34 puntos logo de 11 victorias , 1 empate e 3 derrotas. Foi tamén o equipo máis goleador da categoría con 85 dianas.
Concello de Begonte 3-7 Redondela Maramar
Os de Redondela conseguiron sumar unha vitoria a domicilio moi importante en Begonte, superando así na táboa aos anfitrións. A próxima cita será na casa, reciben ao Stellae FS Padrón. Será un rival mopi difícil, xa que é dos equipos chamados a liderar a clasificación. Actualmente é o terceiro na táboa, empatado a puntos co Pazos.
Preferente Sur
Campito Chapela 3-1 Balona Linense
O equipo de Chapela superou na casa ao pechacancelas do grupo, o Balona Linense, o que os deixa na 12ª posición da táboa. Logo desta vitoria afrontan a próxima fin de semana unha complicada visita en terras viguesas. Xogan ante o Valladares, 4º do grupo, o sábado ás 16.00 horas.