Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acada os mellores resultados turísticos dos últimos 5 anos

peregrinos redondela

A Oficina de Turismo atendeu, no período comprendido entre abril e decembro de 2022, un total de 7.613 persoas, fronte ás 5.351 que solicitaron información ao longo de todo o ano 2018. Isto supón un incremento de máis do 30%

Redondela recupera a bo ritmo, a súa importancia como destino turístico segundo se desprende dos datos aportados pola Concellería. As cifras destacan que a Oficina de Turismo atendeu, no período comprendido entre abril e decembro de 2022, a un total de persoas 7.613 persoas. Unha visitas que inclúen tanto peregrinos como visitantes que por outros motivos se achegan ao noso concello.

En canto a procedencia dos peregrinos foron en total uns 2.151 (38%) de procedencia estranxeira, mentres que o resto son peregrinos nacionais, destacando os procedentes das Comunidades Autónomas de Andalucía (846), Madrid(752), Galicia (447),Valencia(324), Castela A Mancha(216), Cataluña e Castela e León. Dos peregrinos de procedencia estranxeira, destacan con diferenza os de Portugal con 512 (25%),a continuación Italia con 361 (17%), e moi preto Alemaña con 356 (16%), seguidos de Estados Unidos, Reino Unido e Francia, sumando os tres 338 (15%).

A vista destes datos, explican dende o goberno local que se está a lograr o obxectivo marcado nesta materia “converter Redondela nun referente turístico”. Salientan ademais que o turista que pasa pola vila non é estival, senón que grazas a peregrinaxe do camiño francés e portugués desenvólvese ao longo de todo o ano o que favorece moito o comercio e o negocio local, sendo salientable recalcar que Redondela conta con 32 albergues e que durante o 2022 foron incluso insuficientes, tendo que habilitar espazos públicos para que puideran descansar no seu paso polo municipio.

Ao longo desta tempada, pasaron pola Oficina de Turismo, un total de 57 países diferentes dos cinco continentes. A información máis demandada polos peregrinos, turistas e visitantes, foi dos recursos do noso concello e do seu entorno. A gastronomía, lugares de interese como a Illa de San Simón, actividades programadas polo Concello, así coma información das Rías Baixas en xeral centraron as preguntas dos visitantes que se achegaron a oficina nos últimos meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará