Redondela recibirá da deputación de Pontevedra 105.291 euros para financiar a instalación de dúas novas caldeiras de biomasa. Un proxecto que beneficiará a un total de seis concellos e que busca reducir a demandas enerxética, o consumo e as emisión de residuos de carbono.
A Deputación de Pontevedra inicia o proceso para contratar ás empresas que subministrarán a unha vintena de infraestruturas municipais de seis concellos da provincia de novas instalacións para uso térmico. En concreto, os concellos de Cangas, Portas, Redondela, Tomiño, Vilaboa e A Cañiza, poderán substituír o sistema que empregan actualmente por caldeiras de biomasa, o que permitirá reducir a demanda enerxética, o consumo e as emisións de residuos de carbono.
O proxecto conta cun orzamento de 454.546 euros, dos que 387.900 euros, é dicir, o 80%, están financiados polo Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE). Desta maneira, como explicou Carmela Silva, “seguimos apostando por novos sistemas enerxéticos que aforran custes e que, ademais, son respectuosos co medio ambiente”.