Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O taekwondo leva a Redondela ao máis alto

TAekwondoPodio

Diego Blanco, segundo pola dereita, ouro no Campionato de España de Taekwondo

Cun número de licenzas en constante crecemento, o taekwondo está a destacar no panorama deportivo redondelán con grandes éxitos. Unha mostra é o campionato de España que vén de acadar Diego Blanco na categoría alevín con tan só 10 anos.

O club Omnihum de Redondela suma 171 licenzas federativas, ao que hai que sumar catro colexios da localidade onde imparte a actividade de taekwondo como extraescolar. Concluiron 2022 en segunda posición na xeral de Galicia en Técnica, e cun campión de españa infantil. Desde a Federación Galega auguran un futuro “máis que prometedor” para o takwondo redondelán da man do adestrador deportivoYago Bernárdez. Esperanza Meilán é a vicepresidenta do ente autonómico.

Esperanza Meilán, vicepresidenta da Federación Galega de Taekwondo

O Campionato de España de Taekwondo, disputada o pasado mes de decembro en Alacante, supuxo a medalla de ouro para o redondelán Diego Blanco na categoría técnica (Poomsae). Na competición déronse citta máis de 4.000 persoas, entre deportistas e técnicos. Diego empezou a practicar esta disciplina hai catro anos, canto tiña 6 anos. Meilán destaca a dificultade de acadar este éxito nunha proba con moitos rivais de toda España, eloxia o traballo do rapaz e tamén o do seu adestrador.

Meilán eloxia o traballo de Diego Blanco e o seu adestrador Yago Bernárdez
Diego Blanco e o seu adestrador Yago Bernárdez

Desde a Federación Galega amósanse satisfeitos polo crecemento deste deporte en Galicia. O pasado ano aumentaron en máis dun milleiro as novas licenzas. Meilán entende que este resultado é froito “do gran traballo” que están a facer os diferentes clubs e escolas deportivas. Cada vez máis público de todas as idades se achega a esta arte marcial, que dispón de múltiples especialidades e que está recomentada “para todas as idades”.

O taekwondo é un deporte apto para todas as idades que está en continuo crecemento

Proba do auxe que este deporte ten en Redondela e do elevado nivel que está a acadar é o feito de contar cunha árbitro internacional. Conchy Martínez, natural de Cesantes, acadou recentemente o título logo de superar o curso de especialidade en París. Chega así á élite da arbitraxe nesta modalidade e proximamente poderá arbitrar campionatos por todo o mundo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará